Saturday 04 de May de 2024

O Concello abre o prazo de preinscrición para as actividades deportivas de verán


• Poderán enviarse as solicitudes ata o 16 de xuño enviando un correo a deportes@camarinas.net, cubrindo os formularios online ou de xeito presencial no Rexistro.

• Estableceranse catro quendas nos meses de xullo e agosto e as actividades terán lugar de 10 a 13:30 horas.

O Concello de Camariñas abriu hoxe, xoves 10 de xuño, o prazo de preinscrición para as súas actividades deportivas de verán, que se dividen en dúas modalidades: actividades acuáticas e obradoiros de tempo libre.

Os interesados ou interesadas en participar en calquera destas dúas opcións poderán enviar as solicitudes ata o mércores 16 de xuño. Poderá formalizarse enviando un correo electrónico a deportes@camarinas.net, de xeito presencial no Concello ou cubrindo os seguintes formularios: Actividades acuáticas (https://forms.gle/bBaRXb2YbT4RZNHw9) e Obradoiro de Tempo Libre (https://forms.gle/x75e4CRSW6iCgo1q8).

Estableceranse catro quendas: do 5 ao 19 de xullo, do 20 de xullo ao 2 de agosto, do 3 ao 16 de agosto e do 17 ao 30 de agosto. Todas as actividades terán lugar de 10 a 13:30 horas e será obrigatorio tramitar a preinscrición nas quendas ás que se desexe optar para realizar posteriormente a inscrición definitiva.
Haberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas e 80 por quenda no obradoiro de tempo libre. Asignaranse por orde de preferencia, sendo este: empadroados no Concello de Camariñas, non empadroados que cursen nos colexios do Concello e resto de persoas interesadas.

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo un estrito protocolo COVID, que será de obrigado cumprimento.